Cabana, Cultura
Ubaldo Cerqueiro - 12 Xullo 2011 - 07:55
A poesía cabanesa traspasa fronteiras
Oscar de Souto
O poeta cabanés Óscar de Souto (Óscar Souto Rodríguez) está a levar este xénero literario a fóra das súas fronteiras natais dado que acaba de colaborar nun libro colectivo no que aparecen autores de todo o estado español e o vindeiro mércores 13 de xullo participará en Arteixo nun recital poético internacional.
Froito do traballo de colaboración a través de Internet cos poetas Juan Carlos García Hoyuelos e Juan Carlos Mestre (Premio Nacional de Poesía) saíu á luz o libro Se lo dije a la noche. Nel apareace poesía publicada en todas as linguas do estado español por poetas tamén de todo o estado. A representación galega, ademais da do autor cabanés, conta coa presenza de Antonio García Teijeiro (de Vigo), Lino Braxe (da Coruña) e Pablo Núñez (de Lugo). A primeira edición deste libro, baixo o selo da editorial vasca Ediciones Beta III Milenio, esgotouse ó pouco de ver a luz. O libro en un estilo sinxelo e resulta de boa lectura.
Óscar de Souto
Óscar de Souto é autor de
Mi pretexto, Máis alá de min, Sentir, Terra, Lembranzas, En ausencia, Bitácora. Participou nas obras colectivas
Mnemosyne e
Se lo dije a la noche. Os seus dous últimso libros de poemas levan como títulos
Autofagia e
O pintor de palabras. Recibiu varios galardóns concursos poéticos, traballa como colaborador habitual de prensa, forma parte de diversos colectivos sociais e culturais e un grande organizador de recitais poéticos ó longo da provincia da Coruña.
Recital poético
Recital poetico Óscar de Souto Oubidos
Este mércores 13 de xullo, ás 22.15 h, o local arteixán Café de Fábula (Praza do Balneario – Ría Uxío Carré, 17) acollerá o I Recital Poético Literario “Oubidos” que posúe carácter internacional. Nel participarán Fernando Fajardo, Lucía Vilches, Dínamo Grant, Juan Antonio Espejo, Manolo Pombo, Carmen Corral Bosh, Óscar de Souto e Antón Borrazás. A produción musical deste espectáculo literario virá da man de Macanucci.
Máis información