Cabana, Cultura, Ponteceso
Cabaneses que espallan cultura
Continúa a Tenda dos Libros de Ponteceso achegando cultura a Costa da Morte. E se a semana anterior tocaba sesión con Manuel Gago, este pasado venres os protagonistas eran veciños. Foron os creadores cabaneses Óscar de Souto e Serxio Moreira os que achegaron a súa aposta poética e musical ao feudo pondaliano. Todo para pechar unhas xornadas culturais de outono moi interesantes.
Así, a trastenda da libraría pontecesá encheuse de acordes e versos.
Pero ademais xornada tamén serviu para presentar dúas antoloxías poéticas na que De Souto é parte esencial: “Latexos” e “Se lo dije a la noche”. I é que non estiveron sós os cabaneses. Tamén recitaron Antón Borrazás (presidente da Organización Cultural OLCA e autor de En mares de coherencia), Manolo Pombo (escritor e membro do colectivo das tertulias literarias no Café Inglés da Coruña); e Miguel Queipo (escritor e tamén membro das tertulias do Café Inglés).

Entre o público encontrábanse outros poetas bergantiñáns así como dinamizadores socioculturais que tomaron boa mostra desta iniciativa. Todos disfrutaron de boa poesía.