miércoles, 29 de septiembre de 2010

¿POR QUÉ ESCRIBO?

 E vostede, ¿por qué precisa leer tódalas follas de todos os libros que eu debuxo?
A razón é sinxela. Asi como un pobo precisa coñecer con exactitude o seu pasado para saber o seu sitio adecuado no presente e o seu camiño cara un futuro razoábel tamén acontece isto nas verbas. O A.D.N. Eu son poeta. Como quen nace cun ollo torto,.... ou con asma. As mañas na escrita dun dos meus antepasados de fai cinco xeracións, no xogo do destiño, definiuse aleatoriamente como herdanza que era eu, precisamente eu, o elixido forzoso de toda a miña estirpe en catro xeracións entre unhas cen casas familiares para ter esta peculiar "enfermidade incurábel e mortal". O poeta é o don da palabra feita carne. E a palabra é o don supremo do ser humán. A poesía, hoxe en día non está suficientemente valorada, pasa por malos momentos, e resulta ser a máxima expresión de pertenza a un pobo. E a verba é o zume máxico que nos alenta o futuro e o progreso. En todas as grandes civilizacións, cidades e momentos históricos nos cales existiu un tempo de "proxección socio-económica" foi sempre acompañado dun movimento de poetas. Sen poesía, sen poetas, sen poemas...... o mundo non xira. Non hai pensamentos colectivos de progreso, de aspiración social, de unión de camada con fins comúns (camaradería), non hai libertarios, liberdades solidarias, sentimentos ágapes exaltados, é noite escura e peremne no formigueiro.... As verbas dos poemas son o Pobo en si mesmo, os nosos antergos aloumiñados nas estrofas, nas metáforas hai meniños ainda non-natos, os nosos soños viaxando en cada unha das letras.......
O País..... tamén se construe con palabras !!!