Camarada C. N., o patriotismo puro non florece sementando instigacións o silenzo e/ou a humildade extrema perante este Sistema globalizado que illa e soterra as expectativas de rexurdimento cultural da Galiza actual sen consultarnos opinión algunha o respecto ...., o patriotismo verdadeiro nace no berce e faise fortín inexpugnábel alimentado co “penso de engorde” que é o amor a Terra (MAITETASUNA) que se recolleita nos sensos paseniño, moi de bagar, dende os adentros, coma un vento de mar que desgasta a montaña.... non por forte, nin por intenso, senón por constante, por infinita insistencia..... ¡por cabezón!
Debo renegar.... ¡¡¡e renego!!!.... dunha Xeración de literatos que afirmen que a súa decisión de escribir na verba de seu foi unha determinación política, un posicionamento de interés propio e colectivo, e non unha cuestión sentimental, de lóxica, de valores, de dignidade..... unha autodeterminación íntima e inalienábel. A pluma que ten un prezo non pertence a un bardo, a un poeta ou a un escritor, digno de lectores, pertence só..... a quén a compra.
Na historia da literatura de noso e polo miúdo tamén na literatura mundial poidemos asexar, a grandes rasgos, que a figura do escritor foi clave para a consecución das liberdades do home. O escritor expresou o que o pobo soñaba, pensaba ou desexaba transmitir e..... por circunstancias, calaba. Polo tanto se o ancho global das novas plumas propón liñas de escrita anti-barrocas e fondamente antónimas a crítica social non é para crear estilos neo-liberais de literatura de vangarda que exprese o sentir do pobo dende o ensalzamento dun fértil vocabulario en galego normativo senón que se trata de sinxela e triste AUTO-CENSURA que os novos filólogos da palabra usan para evitarse problemas e/ou encaixoamentos. Describir flores e besbellos para que o lector non advirta liña algunha de pensamento no regato do apreixado...... podémolo nomear COBARDÍA LITERARIA, ademáis crónica e socializada....¡¡¡ non ten ningún outro alcume posíbel !!!!.
Tódolos estilos e correntes de literatura deben estar, dalgún xeito, conectados coa sociedade da que parten coma testemuño do acontecido ou coma desencadeante do que acontecerá ...... (POLO TANTO, TERÁ QUE SER UNHA BALA) .......e o ton solemne do pintor de palabras asi coma a súa particular visión dos sucesos debe ser atendido e reflectido....., pois foi e será.... SEMPRE.... “a máxima expresión de pertenza a un pobo”.
Pobo.... ao que serve e a quen se debe en corpo (escritor) i alma (pluma).
Unha sociedade segue aos seus intelectuais ate a fin, non aos seus líderes políticos, a ises seguenos os militantes pero ....para sisarlles o trono. Se o que promulgan os idealistas parte do corazón a mensaxe chega os corazóns. Porque un home lóxico e básico déixase levar por pensamentos lóxicos e básicos. Por iste razoamento os grandes enxeñeiros da verba débense a plantexamentos sinxelos para acadar metas complexas, ou tamén ....... metas...... inalcanzábels. Para un pelegín o transcendente non é o feito de chegar a Compostela..... só importa o feito da intención .... a intención de chegar. (o camiño faise.... ....... camiñando)
LA CONTAMINACION Y EL CUENTO DE LA RANA
Hace 2 días
