"Open garden" do poemario: “Máis alá de min”. - (adicado a Cabana de Bergantiños, o meu eido)
.
“open garden”
“open garden”
.
alta paz que me asiste
na lembranza d´outrora
-na loucura dun neno-
resistindo silandeiro....
e nunha pena no abismo
namoreime un día de ti...
Terra-País.
luz: o meu paraiso.
lagos de flores amarelas
adornan o chan mollado
(tona do inferno) a carón das pisadas.
nunha montaña sagrada
atopei un día unha idea
que me trouxo ledicia
-razón de loita-
e un millón de versos.
-
verde escuro vizoso
da miña morada sinxela
debaixo do ar e das nubes
que me van arrastrando, paseniño,
o noso acocho nas estrelas.
-
inmenso xardín aberto
na gloria das horas...
que falece caladiña.
.