¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ DAAANGER !!!!!!!!!!!!!!!!!!
As AUTORIDADES
advirten......
pode causar: advirten......
aperturas de mente,
aumento da sensibilidade,
elevación de alma,
ingravidade na ledicia desatada, aumentos de moral,
desexos de vida,
namoramento,
fugas de bágoas internas.
Esnifar sentidos
fumar palabras
soñar esperto
viaxar nas letras.
----
.
¡Preciso inmolarme
na autofagia das estrofas,
no ritmo invisíbel dos fonemas,
para re-nacerme no amar
a cresta do parto dos meus propios poemas!
adoezo na procura do lago das cavilacións
neste urban music , eterno mar,
deserto de razóns e lóxicas,
este lar,
causa de tódalas mortes
da cordura.
¡¡¡¡¡ non hai destiño posíbel !!!!!!!!
as palabras procuran asasinarme
- lamentacións -
mesmo facendo o amor co silenzo;
mesmo entre o balbordo incontrolábel das rúas no trebón de xente e motores as oito e media;
mesmo ante a neurose de saber da violación meditada de tódolos estamentos do noso mundo,
¡ESTA TRAXÉDIA! ;
mesmo na inconsciencia noctámbula e dura;
mesmo no fondo do fondo da furna de tódolos frios do estar e do corpo;
mesmo no derradeiro agasallo das flores ........
a miña mente
anda SEMPRE na procura infinda.......
........ dun novo poema.
-prisioneiro do que escribo-
... son poeta.
.......................
.
contareiche un conto para que durmas:
os beizos serán conforto neste luar de xeada e salaios,
¡escoita!
as dedas serán coxegas infinitas;
a lúa, será .... máis ca nunca .... túa.
¡oe ben!
o ronsel inexacto do noso agocho
trocará xeo por agarimos
e venceremos a vellez
con sorrisos
na lene brisa dun salouco:
.... a nosa vida.
¡cala!. ¡ti atende!
contarei un conto para que durmas:
encovada de meu
debes manar electricidade que acenda transistores .... ¡só coa man!.
e na razón do porqué de amarnos faremos un botellón coa vida e co tempo
caladiñamente
sen claudicar,
sen esquecemento,
xuntos !
i este será realmente o conto dos adictos-amantes
que fará de himno a nosa eiva de estar pegados sempre....
....un o outro.
--------------------
.
mudo
falador.
nú
verso.
pintor de mensaxes visíbels e agochadas
nun eterno e ceibe decir sen decir
dicindo tantas cousas. Fervenzas
de sentimentos salgados e compremidos
cuspidos nun feixe de follas de papel.
un drogadicto das razóns e das paixóns.
unha mente de andoriña e golfiño
que pare himnos moito antes do parto
dun primeiro ollo. Unha vela de carne
e neuronas acesa -só- un breve intre
alumeando esperanza como bagalume
os amados que non aman a aquel que nunca entenden
mensaxes de vento da branca paloma,
do exacto e impreciso pintor de palabras.
¡¡¡¡¡¡¡ o poeta !!!!!!!
----------
.
poemario: “Ausencia”
(Accesit Poesía premio literario Rita Suárez Amado 2008)
“ nonno-metafora “
.
cando fuxe a calor do corpo
na friaxe dunha man postrada
co último ofego
fuxe tamén a vida :
alma e verbo silenciados
nesta mágoa sublime
alén das palabras.
dor… dor dunha tarde calquera
o carón dunha cama triste
nunha despedida calada
sen verbo, sen lóxica.
inmensa ausencia infinita …
durísima e incomprensíbel.
sen ti,
sen unha raiz,
sen meu amigo, sen meu avó,
sen a miña orixe na sangue e na luz
debo maxinarme a min de novo e renacer da dor_
e aprender a vivir sen un pasado vivo. Buscándome outra vez_
na mágoa ferinte e atróz dun longo futuro de ausencias e de bágoas.
sen verbo, sen lóxica.
… e sen ti.
------------------
.
poemario: “Destiño de vinganza”
.
recoñezo a vida en cada grolo de ar
seguro da miña sentenza
de morte ;
respiro porque afogo :
esa é a razón ...
de todo !!!
----------
saloucos de vento a rentes da tona do mar.
neste querer do inferno
cuspindo adeuses
- naceches ti -
cantor silandeiro da auga e do ar.
...
sangue dos bardos e da costeira gris
- fillo do esteiro e da area,
irmá do verso -
...
nese falar lisonxeiro. Dicindo sen decir
tantas cousas !
agochadas no ventrículo febríl e vermello
que latexa paseniño
cara os cavorcos do fin da terra
no son liquido da memoria que pervive ...
no mañá do onte sen o onte,
no verso do mar sen o mar,
no mar do verso sen o verbo
e na vida do poeta ...
... ¡¡¡ sen Ti !!!!
...