miércoles, 4 de julio de 2012

EMIGRAMOS DO BLOGSPOT


EMIGRAMOS DO BLOGSPOT

Dende o 13 de xuño de 2012 o blog de autor oscardesouto en blogspot ten xa telas de araña debido a que emigramos a blogaliza. Son varias as razóns e motivos de peso desta mudanza pero cecáis a máis importante e que falamos o mesmo idioma e tamén trátannos moi ben en blogaliza, un trato de galego a galego, son moi amables e coidadosos, ademáis saben que somos dun País chamado Galiza e ata temos un portal dixital e un foro, o blogomillo onde falamos no noso idioma,  e por iso ali seguiremos ..... loitando pola poesía en galego e loitando pola idiosincrasia galega e pola cultura GZ en xeral.

 Se nos queredes visitar deberedes buscarnos en http://trecepoemas.blogaliza.org/


Nista semana 134 visitas en trece poemas , novo record. 

O contador de visitas en oscardesouto de blogspot marca as visitas aos dous blogs pero suman moito máis aforo as entradas constantes ao blog colectivo de trece poemas que coloca xa o contador en 71.347 as visitas a este novo espazo literario de difusión cultural e poética de ámbito galego... especialmente. 

Na primeira semana de xullo de 2012 o contador dispárase (134 visitas) e batimos a nosa marca cun novo record de visitas que sitúa a trece poemas nunha posición de ventaxe en tódolos buscadores de internet. Mentres esmorece a editorial galega ortodoxa e os cículos pechados notan a crise debido a notábel ausencia de subencións i esmolas públicas ....fonte da que beben,  os círculos abertos toman o poder por asalto e fan forte barricada mediante recitais abertos e publicacións, libres e de calidade, coa contundencia dun sedento no deserto chega o tempo dos novos autores de poesía (real e valente) de costas o "sistema" e co respaldo firme do Pobo, único Señor ao que serven, e máximo expoñente da nova ciber-literatura nas redes. 

"Un home superior acepta sempre os acontecementos pra conducilos" (Honoré de Balzac) 

Xa que os portais colectivos dixitais literarios en Galiza están, coma sempre, latentes, pero en estado de coma, nós, trece poemas , aproveitamos o tirón para manter este portal ciber-literario de difusión no cumio dos buscadores de internet para maior gloria da poesía galega e do idioma galego. Seremos vagalume na noite e na pedra.

http://trecepoemas.blogaliza.org/2012/07/05/xullo-2012-poesia-galicia-actualidade/ 

Grazas polos vosos parabéns e apoios !!!! 

Vós sodes trece poemas !!!



Atentamente,


Óscar de Souto