http://acostadamorte.com/
22 oct
A aposta poética e musical dos cabaneses Óscar de Souto e Serxio Moreira non defraudou nas xornadas culturais da libraría A Tenda dos Libros
Na tarde noite de onte venres, dous creadores de Cabana de Bergantiños, Óscar de Souto e Serxio Moreira, encheron de poesía e música a trastenda da libraría pontecesá A Tenda dos Libros.
A xornada tamén serviu para presentar dúas antoloxías poéticas na que De Souto é parte esencial: Latexos e Se lo dije a la noche. Ademais dos cabaneses, recitaron Antón Borrazás (presidente da Organización Cultural OLCA e autor de En mares de coherencia), Manolo Pombo (escritor e membro do colectivo das tertulias literarias no Café Inglés da Coruña); Miguel Queipo (escritor e tamén membro das tertulias do Café Inglés). Debido a problemas de última hora, faltou á cita Carmen Corral Bosch (poetisa e co-fundadora de OLCA). Entre o público encontrábanse outros poetas bergantiñáns así como dinamizadores socioculturais que tomaron boa mostra desta iniciativa.
116 Visitas | Ultima modificacion el Viernes, 28 de Octubre de 2011 23:02