foto: Niko Basic e Óscar de Souto
Fotografía enviada por: Rubén Fernández Sánchez
(coordinador do Taller de Litografía Milpedras) - A imaxe está rexistrada cunha licenza de Safe Creative
O proxecto poético-lingüístico “Se lo dije a la noche” (en gallego "Díxenllo á noite), obra do poeta castelán Juan Carlos García Hoyuelos, presentouse xa en Galiza.
En A Coruña. foi o día 22 de marzo e estivo organizado polo espacio de creación “Milpedras”. Na presentación interviron, ademáis do autor, Juan Carlos García Hoyuelos, a rapsoda hispano-argentina Susana Fumis que recitou, a dúas voces , acompañada polo poeta bergantiñán Óscar de Souto con música da guitarra do artista croata Niko Basic.
Tamén actuaron a escritora galega Estíbaliz Espinosa, a cantante burgalesa Gemma Sánz, Ramiro Vidal Alvarinho (traductor do galego-portugués), Raúl Galego (gaiteiro) e a escritora galega Begoña Paz.
O 30% das ventas do libro dese día destináronse a financiar o proxecto “A.C. Encontros Milpedras”.